Sorpresa

esto da modernidade, do que menos gusto é, da teima que se impón agora de esbandallar as saborosas comidas de sempre, disfrazando cores e sabores, cun pretendido toque de “distinción”, o que se adoita definir como “deconstrucción”, que mellor deberíase chamar destrución. Por iso, compráceme falar da sorpresa que recibín hai poucos días, cando nunha cafetaría local ofrecéronos “Xurelos en escabeche”. Malia que fose só por curiosidade, pagaba a pena probar e,  a sorpresa foi aínda maior, porque estaban moi bos!!  Por suposto , non como os que facía miña nai hai setenta anos, pero ben saborosos. Isto fíxome matinar na necesidade de “rehabilitar” e non “deconstruír” os nosos pratos máis tradicionais, como as “parrochiñas afogadas en tomate”, o “bacallao con coliflor” , a “roupa vella” e tantos outros dignos de ser considerados “patrimonio da humanidade”. Ben, se cadra esaxero un pouco, pero como estamos en días do bo comer e beber, hai que celebralo. Sen pasarse, que logo veñen os problemas. Oxalá que teñamos un 2020 mellor que o que remata agora. E vivamos como ferroláns!! Vale?

Sorpresa

Te puede interesar