Soberanía

Non hai que ser nacionalista para acreditar en que para o pobo galego é vital ter capacidade de decidir sobre o sector naval, sobre o sector agro-gandeiro, sobre a política pesqueira e marisqueira, sobre as entidades de crédito ou sobre a nosa produción enerxética, por citarmos algúns exemplos de grande importancia. Pois ben, o dereito a decidir como solucionar os nosos problemas e defender os nosos intereses colectivos chámase soberanía. Velaí por que a soberanía é a forma máis acaída para desenvolver a nosa economía e crear postos de traballo. Sen capacidade de decidir, sen soberanía, hai dependencia e subordinación e, como consecuencia, a situación regresiva que estamos a vivir: desemprego, empobrecemento, emigración, precarización laboral e cortes de liberdades e dereitos. Celebremos o Día da Patria  reivindicando a soberanía de Galiza. Para salvarmos a nosa economía produtiva, o emprego e a xustiza social. Boa andanza e saúde.

 

Soberanía

Te puede interesar