HERMES E TÁNATOS

O negocio de Hermes enche os cadaleitos de Tánatos. Saben vostedes que o complexo hospitalario de Ferrol non ten plan director que asigne novos recursos materiais e de persoal?  Só unha vella estimación de cando o bipartito cifraba en non menos de 500 empregos de facultativos e profesionais os necesarios para fornecer a sanidade pública ferrolterrán; non sei se saben que urxe dispor do centro de saúde novo en Narón, con corenta mil habitantes, en Cedeira, en Ares... non sei se saben que  Feijóo matou o plan de mellora de atención primaria, elemento clave de prevención e que evitaría colapsos noutros ámbitos sanitarios; non sei se saben que o hospital naval ten unha planta pechada, ou que as obras do centro de saúde de Serantes teñen defectos e non se recepcionan e fanse derivacións sen control ao centro privado Juan Cardona… Recortes de Feijóo  que provocan listaxes de espera cirúrxicas e diagnósticas, deterioro da atención sanitaria e, iso si, negocios para empresas amigas que consumen preto do 50% do orzamento sanitario.

 

HERMES E TÁNATOS

Te puede interesar