Prendado me ten o sr. alcalde de Ferrol, ó que non sei se é que non ten argumentos e respostas para todo ou que se ten abonado a unha soa, porque iso de votarlle a culpa do despoboamento da cidade á crise do naval ten bemoles, digo eu. Debe de ser que como o principal estaleiro está en Ferrol tódolos traballadores, e mesmo os das auxiliares, deben de ter fixa tamén aquí a residencia; ao menos a primeira, porque algún que outro hai que ten unha segunda na costa. Non sei como tal non lle sucede, sin ir máis lonxe e xa que tan ben lévase o sr. Suárez co primeiro edil de Narón, co que, por estar a partir un piñón, a iste último non lle vai custar un patacón aqueloutro do saneamento –vaia por deus!– tal non se lle ocorre. Talvez, despois de cáseque dous anos, o sr. Suárez xa podería facer algo por enterarse do que pasa máis aló do seu círculo.