Rotina

Aínda penduran nas rúas artificios multicolores, fican nas esquinas e colectores envoltorios, restos da pequena, desta volta, bacanal de consumo. E a rotina faise co mando das nosas vidas.

Repare que iniciamos o ano con 20.465 desempregados na comarca e 278.787 no noso país [100.000 persoas máis desde que Feijoó asumiu a presidencia]. Engada que uns 115.000 compatriotas sobreviven acotío sen prestación ningunha. E a pesar destas cifras e do drama que reflicten, o goberno galego recunca nos orzamentos do 2013 nesa política que nos conduce á catástrofe social. Rotina.

Olle que os titulares denuncian a corrupción de dirixentes políticos do PP. E ninguén demite. Rotina. Manipulación de Rosalía ( xa o fixeran con Castelao ). Pascua militar. Rotina. Porén, non se aborreza, continúe co seu coffee. Lémbrolle que é martes, 8 de xaneiro de 2013. Véspera dos 300.000 desempregados. É preciso reaxirmos.

 

Rotina

Te puede interesar