Cárcere

Vaia lío que se formou co asunto ese do rapero, por unha canción pouco respectuosa coas normas “oficiais”. Se cadra, a intención era a de espertar as conciencias durmidas, que boa falta fai, mais uns acúsano de terrorismo e outros defenden a liberdade de expresión. O curioso é que, invocando esa liberdade, uns terían dereito a chamarlle terrorista e os outros terían dereito a chamarlles fascistas aos primeiros. Eu coido que ninguén debe pasar dos límites da corrección, pero se os límites teñen unha tendencia restritiva, maior é a tentación de rompelos. Coido que hai unha solución fácil, que é a que inventara “A Codorniz”, aquela estupenda revista, que condenaba á “Cárcere de Papel” aos que se pasaban das marxes da educación e o bo gusto. Claro que, daquela aínda había no país algo de sentido do humor, que hoxe xa non hai. Eu propoño dous meses nesa cárcere de papel para o rapero; e igual condena para uns e para os outros. E ocupármonos máis da corrupción, non si?
 

Cárcere

Te puede interesar