DEMOGRAFÍA

Non. Iso da Demografía non é cousa do demo, aínda que ás veces pódeselle botar a culpa. O caso é que a poboación galega está en recesión, quizais debido á mesma recesión económica e que, entre os que morren e os que non nacen, cada vez somos menos. Para atallar ese grave problema, seica o presidente da Xunta decidiu crear unha “dirección xeral” para animar aos galegos e galegas a “producir” máis fillos, como si dunha fábrica calquera se tratase. Coido que para incentivar esa “produción”, habería que mellorar as condicións económicas da xente, pois a maternidade e a paternidade non son temas de menor contía e necesítase moito valor para asumir a responsabilidade de criar fillos. En calquera caso, o que resulta imprescindible é que os encargados de convencer ao persoal prediquen co exemplo, comezando polo presidente da Xunta. Pero xa se sabe, unha cousa é predicar e outra... ter fillos. E aquí non serve iso de que “o valor se lle supón”, como na mili. Verdade?

DEMOGRAFÍA

Te puede interesar