Coronavirus

añá xa é marzo. Vaise febreiro deixándonos o demo do Coronavirus, tamén chamado Covid-19, unha epidemia que ten moi desacougada a moita xente no mundo enteiro. Cada día aumenta o número de infectados. Semella que o contaxio é moi sinxelo, para elo abonda con estar en contacto con algún afectado ou con un foco de infección. As autoridades sanitarias coa OMS ao fronte fan o que poden para combater a enfermidade e poñer un pouco de orde, aconsellando calma e tratando de evitar alarmismos inxustificados. Sen embargo, hai algunhas preguntas que nos facemos moitos:
- Que é máis perigoso, o Coranavirus ou o Panicovirus que se propaga pola Internet?
- É esta a primeira vez que o Coronavirus fai a súa presenza no mundo?
- Non estaremos dándolle demasiada importancia a un novo xeito de gripe?
- Teremos que afacernos a esta situación xa para sempre?
- Están as autoridades sanitarias e mesmo o goberno informando da realidade?
- É posible que haxa intereses espurios na propagación da enfermidade?
Non se pode dicir que a situación estea baixo control, a pesares da impecable actuación das autoridades sanitarias. A pregunta é inevitable, ¿está nas mans da medicina actual a erradicación desta enfermidade?
Eu quero ser optimista a pesares das malas novas, e quero pensar que o Coronavirus desaparecerá tal como apareceu. O malo é que deixará, está deixando xa, perdas de millóns de euros no mundo enteiro. A outra eiva que nos deixa febreiro e a situación política, a falta de entendemento entre goberno e oposición, cada vez máis acusada. Oíndo falar a uns e outros, todos semellan ter razón e razóns, pero os problemas medran tódolos días ao mesmo tempo que as protestas a tódolos niveis. Tamén a situación política está a ocasionar a perda de millóns de euros e de miles de postos de traballo. A pregunta, tamén aquí e obrigada, ¿como pode o noso país aturar tanta perda durante tantos anos, sen entrar en bancarrota? Ou e que xa estamos instalados nela dende hai moito tempo? Tócalle a este vindeiro mes de marzo resolver estes dous problemas que tan desacougados nos teñen a todos. Eu teño a esperanza de que un vento favorable, varra os virus para sempre. O problema dos políticos, abofé que non é tan doado de resolver.

Coronavirus

Te puede interesar