In-dignidade

A maioría dos que acudiron dende Ferrol pertencen a algún dos colectivos máis atacados polas políticas executadas dende as institucións que nos gobernan. A viaxe en autobús era máis barata que o tren, por iso foi o medio preferido para desprazarse a Madrid o pasado 22 de marzo. Conseguíronse encher dous autocares, houbo moito esforzo polo medio, tensión, pero mesmo algunhas familias enteiras se animaron. A viaxe, con saída ás 5 da mañá, resultaba moi pesada. Chegada a Madrid, percorrido pola cidade e volta para casa. Moitos dos participantes ademais eran novatos, co cal as ben coñecidas escenas de violencia foron especialmente angustiosas para eles. Peor foi sentirse tratados despois como delincuentes por boa parte dos medios de comunicación maioritarios. Algún miserable permitiuse referirse ás marchas como as da “ in-dignidade “ pero o pasado domingo acudiron en solidariedade co naval. Están entre nós e quedan.

 

In-dignidade

Te puede interesar