Chamadas

Unha pequena empresa de formación recibeu a principios deste mes varias chamadas de distintos concellos da contorna.Casualmente todas tiñan a mesma finalidade de petición dun orzamento para o apoio socioeducativo a menores con especiais necesidades.Os recortes de profesionais especialistas na educación pública nos ámbitos da pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe siguen a facer estragos entre moitos rapaces e rapazas.Nos máis débiles,de fogares con dificultades económicas,desvantaxes sociais e culturais,que atrancan gravemente o seu san desenvolvemento persoal e académico.
A escola pública non é capaz por si soa de prestarlles a axuda persoalizada que precisan para garantirlles a educación de calidade que merecen e á que teñen dereito.
Este incumprimento provoca situacións ou riscos de procesos de exclusión social ante as que as entidades locais están lexitimadas para actuar.

Chamadas

Te puede interesar