“Se alguén se presenta a unhas eleccións para ter grupo propio, é un cretino”. Velaí teñen as palabras que Rubén Pérez, líder de IU en Vigo, expresou nun programa de TV.
Cómo é posíbel que desde un medio de comunicación se poida insultar a milleiros e milleiros de galegos que acreditan na necesidade dun grupo parlamentar propio? Cómo entender que, a día de hoxe, este persoeiro aínda non pedira desculpas e puxera o seu cargo a disposición da coalición pola que foi electo concelleiro en Vigo? Que lectura se pode facer da dirección do seu partido IU_EU que co seu silencio se fai cómplice da tal insulto?
Porén, hai unha certeza que fai incomprensíbel a devandita afirmación: os partidos nas eleccións márcanse como un dos obxectivos acadar un grupo parlamentar. O insulto é, pois, gratuíto. Ou non. Eu, por se acaso, señor Rubén Pérez son un cretino. E as pegas, ás reviravoltas, andan á procura da mantenza.