Morren máis traballadores no tempo en que o réxime tenta exculpar ao seus representantes dos estigmas da corrupción. Dúas facianas dunha sociedade inxusta. Esta semana morreu en Navantia un obreiro das auxiliares. Son 59 mortos no 2014, por 47 no 2013, e máis accidentes graves,429, e leves, 22.726. Cifras que agochan accidentes non declarados, enfermedades profesionais, ou mitigan a súa gravidade. Empeoran as condicións de traballo como nas auxiliares, caso das dúas que operan hoxe no flotel en Navantia. Con 753.836 persoas afiliadas á seguridade social en Galicia (só 1.500 máis que no 2013) os índices de incidencia crecen moi por riba. Un estudo de CCOO cifraba para 2011 un custo para a sociedade galega de máis de mil millóns anuais. A lene sanción ou impunidade das tramas de corrupción político-empresariais expresa un dominio de clase que afirma unha maior taxa de explotación laboral e que cóbrase un tributo de sangue e doenzas sobre a xente traballadora.