Xa hai anos que Beiras se presentou á campaña pola presidencia da Xunta, nun momento no que o Bloque era case a segunda forza política. Tras o fracaso en deputados, criticaron ao histórico dirixente que empregase un ton presidencialista. Ao final veu Anxo Quintana, quen chegou a presidir un consello da Xunta, con moita repercusión mediática o que obrigou a Touriño a andar sen durmir para aparecer a tempo na reunión. Agora descoñécese se Beiras volve ou quedará por aí, coa mesma idade que Fraga. Se o líder nacionalista non gozou do apoio popular naquela época o raro sería que tivese mellor sorte agora. Non se sabe se o misterio é EU, porque vai resultar que agora hai máis votantes da formación de esquerdas que antes. Algo que non se entende, dado que en tempos de Anxo Guerreiro a situación non era para tanto. A clave é Podemos. Ao final vai ser como sempre, que a política galega segue a decidirse desde a capital do Reino.