Á marxe dos considerandos

Antonte, quedou visto para sentencia o caso Nóos. Recoñezo que seguín todo este asunto con suma atención desde o día en que se soubo que se abría un caso xudicial para xulgar o presunto delito fiscal cometido polos que daquela eran Duques de Palma. En todo este longo proceso penso que houbo actuacións que, por non seren as habituais nestes casos, mesmo se poderían cualificar de escandalosas. Con todo, despois do visto e ouvido, fiquei abraiado escoitando (e lendo, despois) a intervención do avogado da señora Borbón, dona Cristina de. O señor letrado, en boa lóxica, pediu a libre absolución da súa defendida. Mais para conseguila –que non dubido que a conseguirá– deixou a señora a unha altura... Desde logo nada acorde co que se agarda de quen din que leva case vinte anos traballando de coordinadora de programas de cooperación internacional para o Terceiro Mundo da Fundación La Caixa. Ou é o propio de cargos de responsabilidade asinar documentos sen pedir explicacións? Un home que “dejó completamente al margen a su esposa” é un bo marido?

Á marxe dos considerandos

Te puede interesar