A anécdota

Estamos nunha campaña autonómica quizais demasiado estraña, que acusa a situación de crise social, o bloqueo que provocou Mariano Rajoy e as propias debilidades de Feijóo, e que o contaminan todo. E agora entra de cheo Rita Barberá en campaña coa súa imputación, e que pode levar ao traste ao inicial acordo entre os Populares e Cidadáns. Pero estou seguro que isto non resulta novedoso, a xente xa sabe o que hai. Pero unha campaña son as súas anécdotas.
Aí está a deste martes en Ferrol con Pedro Sánchez. Laura ten catro anos, achegouse híper tímida a el para pedirlle un autógrafo e dicirlle que “votaba por el”. Resulta ser unha auténtica fan do actual secretario xeral do PSOE. Supoño que non resulta estraño sendo filla da candidata ferrolá Eva Martínez. A dedicatoria de Pedro a Laura circula polas redes sendo das más vistas. As campañas, si, as marcan estas pequenas anécdotas.

A anécdota

Te puede interesar