Acábase o mundo

atanza en EEUU, represión das protestas en Rusia e Hong Kong ou o pasaxeiro histérico voando desde Santiago son novas de onte que explican que o bestseller de Fukuyama de hai 25 anos debería terse titulado Acábase o mundo máis que O fin da historia.
Segundo o politólogo co capitalismo chegamos ao éxtase, desapareceron as ideoloxías e o ser humano nada máis ten que aportar que xestionar o que hai. Desde esa perspectiva pactar co PP, con C’s ou incluso con Vox é simple cuestión de oportunidade porque no “que importa” estamos dacordo. E os que non estamos non é porque teñamos alternativas mellores, é como diría Rosendo por incordiar.
Así o PSOE tanto pide a Podemos como a PP e C´s que o invistan presidente e o noso Alcalde vernáculo xa pactou co PP un trato de favor nas asignacións municipais. Todo tras afirmar na toma de posesión que na corporación local estaban tamén representados os militares, difuminando aínda máis a liña que separa o poder civil do militar na cidade e que ten obvias consecuencias económicas, urbanas e laborais. Para insistir o 24 de xullo en negar o evidente e asegurar que Galiza, a rexión claro, que expulsa miles de mozos e mozas cada ano é lugar de acollida. 
Pero quizais non sexan máis que apuntes para a versión indíxena do libro de Fukuyama.

Acábase o mundo

Te puede interesar