Todos pobres

Para que poidamos dicir con propiedade que unha sociedade é minimamente xusta e minimamente equitativa non pode haber pobres. Se cadra, tampouco debería haber ricos, mais iso sería outra historia. Pero pobres, dos de pedir, e traballadores empobrecidos non. Mais neste terreo, curiosa e tristemente, medramos, xa que cada día hai máis. Moitos deles procedentes daquel amplo e variado sector, que queren destruír, ao que chamabamos clase media. E non outra cousa que clase media, que se resiste a deixar de selo, son os estibadores que se mobilizan estes días. Como o eran os controladores aéreos, que hai 6 ou 7 anos foron protagonistas de protestas similares. Daquela, como hoxe, vertéronse improperios, raianos na difamación. Acúsase a estes traballadores de chantaxe, vandalismo, sabotaxe... ou, mesmo, de poñer en perigo a economía do país. Algo inxustificable, din, porque son uns privilexiados que gañan moito. E o que gañan os estibadores é gañar moito? Por favor! Iso debería ser o salario de calquera traballador especializado nun Estado que nos venden como avanzado. Vaia Europa...
 

Todos pobres

Te puede interesar