Unha das cousas que me axudan a soportar ese inicuo ambiente

Unha das cousas que me axudan a soportar ese inicuo ambiente que, día si, día tamén, nos ofrece o PP é ver que a xente conserva o sentido do humor, acompañado, a miúdo, de grandes doses de enxeño. É posible que non pase de rir para non chorar, mais aí está. Hai poucos días, o camarada Luís Víctor Ruíz fíxome chegar unha aguda brincadeira destas: “Masterbación: dícese del acto de hacerse un máster a sí mismo por el puro placer de tenerlo”, que, afortunadamente, hoxe xa está máis que circulada. Cousas da tecnoloxía comunicativa. De primeiras pareceuma digna de Luis Piedrahita, o excelente humorista -e outras tantas cousas- coruñés, con quen tiven o pracer de compartir mesa e mantel hai catro ou cinco anos. Xa sei que non é, mais tanto ten. É atinada. A masturbación, coa que tanto nos querían meter medo os curas da nosa infancia -que elementos!-, sempre foi exercicio gratificante do común da xente. A masterbación, pola contra, é cousa innobre, practicada por detestables aproveitados/as. Procurando cambios, celebremos mañá, como se merece, o octoxésimo sexto aniversario da vinda da IIª República, pensando na IIIª, naturalmente. 
 

Unha das cousas que me axudan a soportar ese inicuo ambiente

Te puede interesar