O GUION PREVISTO E PREVISIBLE

|

Hai cousas que suceden que teñen a virtude de ser inesperadas, de aportar maxia ás situacións nas que se producen e esperanza no horizonte cara ao que camiñan. Cando esto sucede, abrimos moito os ollos e facemos acenos de admiración e sorpresa. Pero non é o caso. O PP chega ao poder sin máis discurso que o slogan de que non subirán os impostos porque “non xeneran actividade económica nin melloran o emprego”.

Pois agora, unha vez acadada a Moncloa, dan a primeira na frente: subida de impostos pura e dura, e deixan caer daquela maneira que poderán vir máis como xa a maioría supoñía dixera o que dixera Rajoy. Repetiron que o proceso de traspaso de poderes fora exemplar, e felicitaron ao Goberno saínte pola transparencia e colaboración. Pois ben, foi chegar Montoro á tribuna e sacar o guión previsto e previsible, o dos últimos catro anos, todo é culpa de quen é e deixaron o país como o deixaron, e suben os impostos contra a súa vontade, pero convoca ás Comunidades para chamalas á capítulo: agora impón orde e silenzo.

Montoro non sabe que os cidadáns coñecen o dato de que por cada 100 euros de desviación do previsto, 75 corresponden a gasto das comunidades autónomas, que son maioritariamente gobernadas polo PP, e que lle fixeron o traballo sucio ao PP contra o Goberno de Zapatero. Algunhas comunidades xa anunciaron que teñen autonomía de xestión. Outras que co que di Mariano farán como se chovera. Semella que o que lles servíu para un roto, non lles valdrá para un descosido.

O GUION PREVISTO E PREVISIBLE