¿RELIXIÓN NA ESCOLA?

Ao PP parécelle que con meter relixión na escola xa está resolto o problema da formación da xuventude en España, e resulta que a experiencia demostra todo o contrario. Impoñer a asinatura de relixión nos colexios, aceptando os requirimentos da C. Episcopal, é un tremendo atropelo da liberdade de conciencia. Ser ou non ser crente relixioso é algo que corresponde ao exclusivo ámbito da conciencia individual de cada persoa. E os rapaces deben ser tratados desde o principio coma persoas que son, e ser educados e orientados no uso da súa liberdade. Do contrario, xa sabemos todos que a inmensa maioría dos que viñeron ata agora estudando relixión nos colexios, acabaron despois apartáronse da Igrexia e das crencias. Esta reflesión ven ao caso de unhas recentes declaracións da expresidenta da Comunidade de Madrid, Esperanza Aguirre, denunciando aos que queren erradicar a relixión da escola. Pero a resposta a esta señora venlle dada polo seu compañeiro de militancia, o ministro de ensino, Sr. Wert. Este membro do goberno non se privou de dicir que “meter a relixión na escola é unha opción política”, polo tanto é o partido que está gobernando a quen lle interesa a clase de religión nos colexios.

O PP presume de que o seu partido está fundamentado no ideario do humanismo cristiano, algo que non se lle nota na acción de goberno, e menos nesta crise. Salvar a economía dos grandes poderes e da banca á costa de condear á pobreza extrema, e en moitos casos á miseria, á toda a clase mais humilde do país significa a mentira dese humanismo cristiano que teñen a gala. Xesús de Nazaret dixo e fixo todo o contrario poñendo, no seu ideario evanxélico, aos pobres por enriba de tódolos intereses. O mesmo Xulián Barrio, arcebispo de Santiago, lles acaba de dicir que “o drama está en planificar a economía contra a vontade de Deus”. Tampouco acerta a Presidenta do Parlamento de Galiza dicindo que a tradición xacobea resulta imprescindible para superar a crise. ¿Non será coas limosnas dos peregrinos? Entre todos.

 

¿RELIXIÓN NA ESCOLA?

Te puede interesar