GAIVOTA

Supoño que poucas imaxes poéticas sufriron tanta deterioración nos últimos anos coma o das gaivotas. Esas aves tan prezadas polos mariños e que sempre aparecen nas películas para anunciar terra firme xusto no momento en que a tripulación empeza a de-sesperarse ou está apunto de botar pola borda ó capitán aventureiro. Non vou falar aquí do logotipo dalgunha organización política, quedo coas ganas, iso xa é unha cuestión de criterio persoal. O certo é que o mito deu paso a un comportamento preeiro. Non son un experto no tema pero dende logo o asunto converteuse nun problema evidente na nosa cidade. Os ruídos e a sucidade están habitualmente nos comentarios de moitos veciños como non é difícil escoitar anécdotas do seu cada vez maior agresividade. O Concello ten contratada unha empresa para tratar de limitar os efectos desta praga pero en anos como este queda claramente en interdito a eficacia desta xestión.

 

GAIVOTA

Te puede interesar