Diversidade

Dous institutos, unha ANPA, o CFR da Coruña, a Consellería de Educación e o concello de Betanzos aunan a súa colaboración para a organización das sextas xornadas de formación e sensibilización sobre a atención á diversidade. Contarán cun amplio e interesante programa que tenta abarcar e analizar distintas realidades no ámbito da educación en igualdade e a coeducación.
Acompañase ademáis de tres estimulantes actividades paralelas de carácter sociocultural, onde a palabra, a música e as ilustracións nos invitan a cuestionar certas verdades, percepcións e representacións relacionadas co xénero.
Os vindeiros 2 e 3 de xuño na vila dos García Naveiras, docentes, nais e pais, verdadeiros formadores de actitudes de nenos e nenas voltarán a xuntarse e interactuar para despois espallar a superación de prexuízos sexistas e provocar cambios dos modelos, estructuras e practicas sociais non desexables. 

Diversidade

Te puede interesar