Dende que goberna Núñez Feijóo, as políticas públicas a prol da igualdade perderon dous tercios dos recursos públicos en Galicia. Nos orzamentos da Xunta os programas específicos de muller caeron de 51 a 22,4 millóns de euros constantes pero que co efecto da inflación a rebaixa foi todavía maior e iso cando máis necesidades hai tras sete anos de crise-estafa. A esta falta de recursos hai que sumarlle as recomendacións críticas que vén de achegar o Comité para a Eliminación da Discriminación contra a Muller de Nacións Unidas, aprobadas en xullo deste ano ao goberno Rajoy. Se a eso engádese a realidade do paro, dos baixos salarios, da maior precariedade, da escaseza de servizos sociais, da feminización da pobreza… para chegar a secuencia de asasinatos e violencia machista que non cesan; así, este desolador panorama contextualiza o apoio de Núñez Feijóo ao cacique que preside a deputación de Ourense: a única conclusión racional de todo elo é que sufrimos un goberno machista.