COMPARACIÓNS

|

Dise que as comparacións son odiosas, mais eu non acredito semellante afirmación, senón que odioso pode ser o xeito e a intención de comparar. Ven isto a conto da comparación que se fai entre o PP e Cáritas, por mor da tributación dos donativos que reciben. Coido que a intención non é a de comparar entre si estas dúas organizacións, porque a diferenza entre elas e tanta que non pode haber ninguén que pense na súa similitude, como non se podería comparar a dona “Espe” e a dona “Cospe” cun par de irmandiñas da caridade. A cuestión é que, se a Axencia Tributaria di que os donativos que figuran nos papeis de Bárcenas están exentos de tributar, recoñécese que existen eses donativos, que o PP os recibiu, e que, se ninguén tributa por eses cartos, significa que existe un “burato negro” na Axencia Tributaria por onde poden colarse moreas e moreas de euros. Mais se os doadores os declaran, terán dereito a un porcentaxe de dedución, como ocorre coas ONGs. Non si?

 

COMPARACIÓNS