Aclarando

eica o xefe de Podemos, don Pablo, sentiu de socato a necesidade de explicar o seu proxecto para España, logo das críticas que lle fixeron polo seu suposto apoio ao intento independentista desa parte da burguesía catalá, que está a romper a paz e a harmonía entre todos os cataláns. Segundo as súas declaracións, parece que ese proxecto estaría baseado na “pluralidade e a solidariedade”. Paréceme moi acertada a súa aclaración, malia que fose feita despois de que a señora Bescansa afirmase que, “Podemos non é un partido independentista”. Porén, para que a explicación resultase un pouco máis crible, o señor Iglesias debería concretar o seu rexeitamento do intento secesionista, xa que o separatismo non parece que teña moito que ver cunha pluralidade á que non queren pertencer, nin a unha solidariedade que non practican nin cos seus mesmos paisanos. Quizabes necesite o “xefe”, aclarar primeiro as súas ideas, se quere recuperar o creto perdido nestes últimos días.      

Aclarando

Te puede interesar