Coherencia

Días atrás, co argallo das eleccións, pensaba no transcorrer do tempo. Adóitase dicir -iso do tempo psicolóxico- que a determinadas idades, como pode ser a miña, a xente ten a sensación de que os días, os meses ou os anos pasan a toda mecha. Á marxe de que non hai tal, é evidente, eu tampouco o percibo tan así. Hai momentos que semellan pasar rapidísimos e outros que parecen interminables, mais entendo que iso acontece en todas as idades da vida. E reparaba no caso de Podemos. Hai só cinco anos que irrompeu no panorama eleitoral e sinto como se levase outros tantos. E máis aínda reparando nos danos tan tremendos -agardo que non irreparables- que produciu no conxunto da esquerda da socialdemocracia no Estado. Moito mal en pouco tempo. Desde logo, a min, como a moita outra xente que coñezo, Podemos deixoume sen opción á que poder votar acorde coa miña ideoloxía. O ano 2014 -cando IU obtivo seis parlamentarios europeos e Podemos cinco-, foi a última vez que depositei unha papeleta convencido. Logo sempre fun atopando a quen dar o voto, mais en ningún caso a Podemos. Iso si, fóra dos momentos electorais con presenza de Podemos, sigo militando coa ilusión de sempre.

Coherencia

Te puede interesar