Humildade

|

principios do século XX un matrimonio da parroquia de Montoxo en Cedeira emigrou a Cuba.
Tras moitas vicisitudes e traballos acadaron na illa un patrimonio importante e retornaron á patria chica.Tiveron un fillo que foi criado como un señorito. Ao morrer os seus pais herdou os bens que estos tiñan tanto aquí (casa,terreos e montes) como no caribe.Vivía coa súa muller, a lo grande,vestidos,peluquería todas as semáns, festas.....
El solía poñerse na fiestra aberta para que o virán ben os que estaban nas leiras arando, sachando mainzo, plantando patacas ao raño e decialles con mofa: ”A trabajar cabrones, que lo que me dejó mi padre, mierda vale. Lo que vale son las rentas que me vienen de Cuba”.
Mais o mundo mudou coa entrada de Castro na Habana. E aquel soberbio prepotente pronto se veu na ferrería da Barqueira Vella en Cerdido, cos atazos oxidados do seu pai, que agora lle salvarían a vida. 

Humildade