Sobran cadeiras

Neste Nadal sobran cadeiras baleiras, sobran espazos desertos no corazón, sobra desesperanza, sobran palabras para quen non ten quen llas diga, sobra a soidade de maiores relegados, de nenos sen pan nen futuro, sobran bágoas en todos os recunchos da terra, sobra o consumismo salvaxe e o bombardeo que nos vende a toda hora unha unidade familiar ante unha mesa na que a diario se berra ou se come só, sobran felicitacións e sorrisos falsos de quen calquera outro día che fai un traxe ou che clava unha faca nas costas. Sobra a dor de sentir a ausencia de quen xa non voltará máis a estar con nós.
Para todos eles é hoxe a miña máis agarimosa felicitación, porque Nadal non é só un día, non é ter agasallos, non é comer sen medida. O Nadal é levar luz a quen vive na escuridade, é levar comprensión a quen carece dela, e espallar amor e solidaridade, non hoxe senón todos os días das nosas vidas. O teu Nadal será da cor que teñas ti o corazón.
 

Sobran cadeiras

Te puede interesar