Louvable

Días atrás saíu neste xornal a opinión do portavoz do BNG no Concello, sobre o escandaloso tema da planta de gas de Reganosa. É sabido que este concelleiro non é partidario de “panos quentes” e que adoita chamar ás cousas polo seu nome. Xa que logo, sendo o estabelecemento  da “gaseira” dentro da ría un caso claro, outro máis, de corrupción político-económica, resulta louvable e é unha actitude digna de imitar por outros grupos, a súa defensa da legalidade, que pode poñelo nunha situación de enfrontamento co resto da súa formación. Temos que lembrar a importancia que o BNG tivo en Ferrol, chegando incluso a gobernar no Concello, cun importante número de concelleiros de moita valía. Entonces, o Bloque de Ferrol rexeitaba esa situación. O BNG, desde a Xunta, puido cambiar as cousas, pero non o fixo e, todos aqueles loitadores, homes e mulleres do Bloque ferrolán, desapareceron da escena política. Mais Ferrol non pode seguir perdendo defensores, porque xa non temos moitos. 
 

Louvable

Te puede interesar