Estabilidade

Xa comeza a resultar pesada a insistencia dalgúns políticos sobor da necesidade da “estabilidade” no goberno do país, porque, aparte de querer “comerlle o coco” á veciñanza, eu non remato de entender o que pretenden acadar con iso da estabilidade. Estabilidade para que? Será para que os parados sigan a estar parados? Ou para que os das pensións de miseria sigan facendo equilibrios incribles para chegar a fin de mes? Ou para que Cáritas e a Cociña Económica sigan esforzándose en atender á tantos necesitados de axuda? Pois esa estabilidade, a min máis paréceme un insulto, unha tomadura de pelo ou unha descarada intención de que todo siga igual, especialmente os xenerosos soldos dos defensores da “súa estabilidade”. Xa está ben, home! Buscade outro conto, porque ese xa non vai colar. Soamente ides conseguir convencer a aqueles que tamén queren “a súa estabilidade” e os demais que se amañen como poidan. Vaia cara que lle están botando, non vos parece?         

Estabilidade

Te puede interesar