Derrubando Muros

Estes días atrás, o Foro Ferrol Vivo realizaba unhas xornadas que tiñan como eixo central deliberar e facer achegas para a recuperación de Ferrol Vello e do noso Camiño Inglés. É evidente que este e o propio barrio portuario necesitan de actuacións urxentes. Pero a proposta ideada por Edu Hermida, xunto a outros artistas locais, atopouse cun muro de silencio (incluso pola propia Administración Local). 
O certo é que a idea de sinalar e pasar por todo o noso Camiño con cada proposta artística ata chegar a Correos, cun cuño desa primeira milla -ideal para Cruceiros- ademáis, de poñer lapis de dous metros para sinalar o Camiño ata Betanzos en lembranza da antiga Fábrica de Lápices, non deberan quedar gardadas nun caixón da alcaldía. Deberan entender que a revitalización do centro de Ferrol vai ligada a armonizar e integrar Ferrol Vello (e Canido). Son realmente un mesmo espazo.
 

Derrubando Muros

Te puede interesar