Rosalía en portugués

|

o comezo da semana cumpríronse 183 anos do nacemento de Rosalía, efeméride que, por fortuna, nos últimos anos está comezando a ter a relevancia que, sen dúbida ningunha,  merece. Como cada 24 de febrero -tamén o fago outros días do ano- dediquei un tempo ao recordo da nosa enorme poeta lendo uns poemas e escoitando algún deles musicados. Gusto de bastantes destes, mais hai un que, desde hai anos, adoito escoitar con frecuencia en versión portuguesa, musicado por José Niza, o médico, músico e deputado que nos seus anos mozos contribuíu decisivamente á renovación da “canção de Coimbra”, o chamado “movimento da balada”, coa introdución de letras contestatarias, entre elas a V parte do poema de Rosalía “Pra a Habana!”. Aínda que entre nós a versión máis coñecida é a que, co título “Cantar de Emigração”, gravou Adriano Correia de Oliveira no seu LP Cantaremos (1970). Mais non foi esta a primeira gravación do poema –en Portugal e no mundo–, xa que un ano antes o fixera António Bernardino, titulándoa “Cantiga para os Que Partem”, no LP Flores para Coimbra (1969). Poden escoitarse na rede. Recoméndollelas.

Rosalía en portugués