Amores que matan

|

mañá vas ir ao partido?”, preguntoume, cun aquel dubitativo, motivado pola situación do Deportivo, o propietario do local no que adoito ver os partidos televisados que me interesan. -”A non ser que estea a morrer, vou sempre”, foi a miña categórica resposta. Porque mesmo así é. Nas últimas tempadas, só deixei de acudir a un encontro porque tiña tremendos calafríos, ocasionados pola vacina da gripe, e a outro por estar de viaxe. E iso que hai ben tempo que apenas se ve un fútbol decente, nin en segunda nin en primeira. Se sigo ocupando puntualmente o meu asento da tribuna de Riazor é porque creo que hai que estar aí, agardando que a liquidación da débeda do club -aínda descomunal- nos permita contemplar mellores espectáculos. Semella claro que sen amortización previa non vai haber capital que permita conformar planteis capaces de ofrecer xogo cun mínimo de calidade. E, por suposto, vitorias. Doutro xeito, estiver quen estiver á fronte da entidade, creo que iso non vai ser posible. Menos aínda con actuacións desestabilizadoras en plena competición como as que estamos vendo. Chámanlle amor ao club.

Amores que matan