evaba uns meses en Madrid, desde onde incluso mandei algún que outro destes farrapos, pero xa estou outra vez na miña terra. E xa tiña gañas. Digoo porque votaba en falta tanto foguete estoupando como escoito cando nela se achega o verán, porque non hai forma de andar un quilómetro sen escoitar algún que outro... E, a vedade, isto da gusto. Máis cando se desexa regresar a acoplarse dalgún xeito ao tedio da estación, á espera de ver se a chuvia escampa e vanse as nubes para deitarse na area limpa e quente sen maior preocupación que a de volver a casa, un tanto canso si pero tamén ben cheo dun mesmo. Mirar o mar non o podía facer na capital e xa arrepiaba por miralo, como hoxe mesmo, brilando, case cegando os ollos, e ver a tanto cativo e cativiña saltando as ondas e subidos a elas en variados artiluxios que xa me dera a mín ter tido nos meus anos mozos. Xente nova, esperanzadora, tamén afeita á festa que soa por todos lados.