O debate 2020

Algo tendrá el agua cuando la bendicen”, isto dicía meu bo amigo e compañeiro C.S.C, un madrileño castizo de los que se “columpian en un chorizo”. A consonancia, involuntaria, xurdiu de xeito espontáneo. ¡Cantos recordos daqueles anos da xuventude nos que podiamos con todo!. Dende estas liñas, envíolle a el e a súa dona, unha aperta forte.

Esta maña do mércores 9 de setembro, o debate na TV do estado da nación fíxome evocar esta sentencia, non sei si refrán, do meu compañeiro e amigo.

Efectivamente algo ten, neste caso, o poder para que todos queiran acadalo ao prezo que sexa, refírome aos de aquí e aos de acolá. Todos teñen razóns, ninguén toda a razón, pero si unha teima común que é chegar á Moncloa, e non atopan outro camiño mellor que acusarse uns a outros de tódolos males que nos aflixen, que non son poucos. 

Se a oposición había de colaborar co goberno legalmente constituído, na solución dos problemas que eles mesmos denuncian, todo se lles volve, pola contra, en críticas da súa xestión nun quítate ti para poñerme eu, que non conduce a ningures. O debate convertese así nun diálogo de xordos, nunha falta de sintonía entre as esquerdas e as dereitas moi grave, e máis nestes tempos que estamos a vivir onde tan necesaria é a unidade de tódalas forzas políticas fronte ao inimigo común que é o Covid-19. Señores do goberno e señores da oposición, convénzanse, o mellor xeito de atallar a pandemia e as súas consecuencias é traballar todos na mesma dirección, poñendo por riba de calquera outra consideración, o ben común, os intereses supremos do país e da súa xente. Loitar contra o paro, a prol da economía e do benestar de máis de corenta millóns de homes e mulleres. Este é o gran reto para uns e para outros. Tempo haberá para recoñecer quen é merecedor de gobernar o país. A xente, os corenta millóns dos que estou a falar, non van a dubidar á hora de emitir o seu voto, poñendo a cada un no lugar que lle corresponde, nunhas próximas eleccións.

Para rematar unha consideración final:
Moito se fala dun novo orden mundial despois da pandemia. Preocúpame isto porque tódolos extremos son malos. Penso que o camiño a seguir é mellorar o que temos, aproveitando o bo, que é moito, e rexeitando o malo que tamén abonda. Non nos volvamos todos tolos de remate.

O debate 2020

Te puede interesar