Atopámonos cunha polémica sobre unha lei, como antes ocorreu coa do divorcio, a do aborto ou a do matrimonio homosexual. Agora a batalla vai contra a eutanasia, intentando facerlle crer á xente que é unha lei para matar aos vellos, cando en realidade trátase de posibilitar unha morte digna, evitando o sufrimento innecesario, para aqueles que así o decidan. Entendo que haxa persoas pouco informadas, que rexeiten a lei, sen entender que non supón obriga, senón a posibilidade de axudar nese difícil tránsito que é a morte, axuda que o mesmo Xesucristo pediu no Calvario: “Aparta de mi este cáliz...”. Coido que é normal pensar que, o sufrimento inútil, non pode ser agradable a un deus misericordioso. Por iso, non se entende a oposición abrupta da “dereita”. Mais non é de estrañar, pois esa chamada “dereita” española, non se parece á Dereita europea e, deberíase chamar “torcida”, polo seu xeito de rexeitar leis, que despois aproveitan eles, como aproveitaron as outras. Non é?