Pleamares

Avista aérea, o remate final da ría de Cedeira, cando bica en plena marea a praia da Magdalena semella un profundo seno. Unha salobre cetárea matriz que deu razón de ser á vila mariñeira: asentamento, nome, recursos e benestar. Un xeneroso peito co que toda a veciñanza ten unha gran débeda.
Dende a perspectiva do tecido social, o concello tamén debera ser un busto comprometido, responsable e equitativo con todas as entidades que traballan en diversas áreas ao servizo do pobo. 
Non sempre foi asi, en concreto, as asociacións de nais e pais foron discriminadas, estigmatizadas e ninguneadas case ata o ostracismo por diversos gobernos de distinta cor. O histórico de partidas orzamentarias é inapelable. O ente local tiña un débito con estas organizacións. Afortunadamente os tempos, as persoas e as políticas cambian e a día de hoxe as Anpas contan con bon apoio municipal para estar en inmensa pleamar.

Pleamares

Te puede interesar