ENCRUCILLADA

O candidato do PSOE, Pedro Sánchez, atopouse nunha encrucillada perante as circunstancias actuais da política española. En principio, tendo en conta o “tsunami” de corrupción no que está inmerso o PP, non podía pactar con este partido, ou facilitar o seu goberno mediante a abstención, porque sería lexitimar as trampas, os desfalcos e toda esa morea de delitos dunha longa lista de cargos dos “populares”, cousa que non sería ben recibida pola gran maioría dos votantes socialistas e que, sen dúbida, pasaríalle unha importante “factura” ao partido. Ao mesmo tempo, o candidato socialista viuse presionado por algúns “pesos pesados” do partido, entre eles o mesmo Felipe González, que chegaron a pedir o apoio ao PP. A min pareceume unha manobra desleal, á que o aspirante a presidente respondeu con valentía,  decidindo pedir a opinión dos militantes. E digo eu:  a ver se serve de exemplo!! Porque como en Grándola vila morena, “o pobo é quen máis ordena”. Ou non? 

ENCRUCILLADA

Te puede interesar