Un respiro

Vistos os resultados das eleccións europeas, espero que a vitoria da esquerda en España, Portugal e algún outro Estado, xunto cos verdes e outras coalicións progresistas, poidan poñer freo ao retroceso social cara onde nos van levando as dereitas, ese que, se ata hai pouco se albiscaba, xa se palpa en todos os ámbitos. 

Despois duns cantos anos traballando na docencia, percibo como aumenta entre a mocidade a intolerancia, o machismo, a xenofobia e o odio á diversidade lingüística. Nunca antes escoitara ao alumnado afirmar que o galego é un dialecto. Ou molestarse ante quen reclama igualdade, defende o aborto ou o dereito a unha morte digna. Pero non é de estrañar, lévase moito tempo traballando para conseguir que ese sector da sociedade pense deste xeito e contribúa co seu voto futuro á perda de dereitos e a normalizar o incumprimento das regras democráticas. Como entender xa a posibilidade de poder presentarse a unhas eleccións e ser inhabilitado en canto se é elixido? Onde reside a soberanía nacional? O pobo insiste e votou a Puigdemont e Junqueras para o Parlamento europeo. 

Un respiro

Te puede interesar