Vontade

|

No seu día esta columna fixose eco da longa lista de espera para o tramite de valoración do grao de discapacidade que é competencia da Xunta de Galicia. En Ferrol chegaranse a superar os dous anos nos tempos de agarda das solicitudes das veciñanzas das tres comarcas. A todas luces moi tardío e perxudicial para a promoción social dun colectivo vulnerable que realmente precisa de axilidade no  acceso aos seus dereitos. Ata a valedora do pobo incideu nesta necesidade ante a administración autonómica. Na actualidade os períodos rondan os tres meses para os casos de urxencia e sobre seis para o resto. Esta millora deriva do reforzo dos recursos humáns; agora están operativos dous equipos fixos e un temporal ata o vindeiro marzo de 2020.

A vontade política con investimento en profesionais son vitais para seguir desatascando ese servizo e,debendo tamén extenderse a outros como o de dependencia.

Vontade