Fagámolo un referente

Un dos xeitos de que os pobos sexan pobos soberanos e as súas cidadás sexan cidadás que esixen os seus dereitos(dereitos non privilexios), persoas que teñen capacidade crítica fronte ao sistema e cidadás, que loitan por ir mellorando pouco a pouco, para alcanzar colectivamente un grado de benestar, o cal, non deixe a ninguén atrás, é por medio da cultura Por iso xeralmente aos partidos de extrema dereita ou de dereita extrema, a cultura non gústalles nada, a menos que esta sirva aos seus intereses.

Na actualidade coa aparición do Covid-19 e todo o que trouxo consigo, a cultura galega esta a pasar un moi mal momento. As escritoras, as actrices, as músicas, as animadoras socio culturais, as contadoras de contos, as imprentas, as libreiras etcétera, todas están atravesando uns tempos moi delicados, onde é fulcral, que a cidadanía apoie a este sector tan importante para a creación de conciencia.

Máis aquí no Ferrol, termos unha magnifica oportunidade para axudar ao sector cultural e ao mesmo tempo, facer de Ferrol un lugar referente para a cultura galega. Estoume a referir a gran oportunidade que termos con Ferrol Vello, coa súa rehabilitación nun barrio cultural. Desde a casa de Carvalho Calero a cal, podía ser un lugar con biblioteca para consultar a súa extensa obra e legado, unha casa museo con audiovisual e posibilidade de facer exposicións, como no resto do barrio facer dos baixos galerías de arte alternativo, galerías musicais onde estivesen presentes tamén instrumentos propios da Galiza, facer unha pequena sala de concertos e tamén de teatro, locais de comida os cales foran xestionados polo Grupo Nove e onde as pizzas, as hamburguesas e demais comida fritanga e chatarra non tivese sitio, un barrio onde cada certo tempo houbese unha feira da cultura galega, que abarcase desde os séculos de esplendor da Galiza ata a actualidade, nada que ver coas feiras medievais que nada teñen que ver connosco ou tamén unha feira que promovese os produtos locais, entre outras posibilidades, dándolle a todo isto, publicidade nos circuítos non so galegos, senón tamén,a nível internacional e sempre respectando a arquitectura propia do barrio, podería converter a Ferrol, nun lugar de visita de moita xente nativa e foránea, a cal viñese a deixarnos o seu diñeiro.

Xa se que ao mellor isto que propoño(que tampouco ten que ser así, eu deixo a idea) neste artigo, alguén pode clasificalo de elitista. Pois si o é. Máis con certeza que este elitismo, tamén trae consigo moitos traballos de calidade, con salarios dignos, ademais de un consumo máis responsábel, xunto que isto ben xestionado, favorecería moitas outras xentes da comarca.

Máis por desgraza a realidade vai ser, que Ferrol Vello “algún día” será, outro lugar onde se bote formigón sen máis.

Fagámolo un referente

Te puede interesar