FESTA PCE

|

Vai outro ano máis que o Partido Comunista convoca ás xentes da esquerda a vivir esta fin de semana diferente, de debates, lecer  e fraternidade para de xeito partillado atopar modos de construír outra sociedade. A Festa constitúese no meirande evento da esquerda anticapitalista, republicana e federal e bota a andar cun norte claro: erguer unha grande alianza das forzas políticas e sociais do conxunto do Estado que poida derrotar a unha segunda restauración, que serve de peche simbólico dun réximen neoliberal, criptoconfesional e corrupto. Trono, altar e capital como aliados para explotar á maioría traballadora deste país e desposuír aos pobos dos seus dereitos. No amplo programa de actividades (www.pcgalicia.org) hai espazo para o coñecemento crítico, o disfrute da música, dos libros, da poesía e para unha aprendizaxe feraz da convivencia de xentes distintas, que comparten a arela dunha sociedade de iguais en liberdade.

 

FESTA PCE