A ONDE IMOS POR ESTE CAMIÑO?

Hai unha expresión latina, “corruptio optimi, pessima”, que literalmente dinos que a corrupción dos mellores é a peor de todas. Xa sabemos algo, pero falta unha cousa importante.

Se os cidadáns caéramos na conta do que valen os votos que depositamos nas urnas e de como deberían ser utilizados, creo que non se tardaría tanto en poñerlles remedio a estes feitos, política e eticamente escandalosos, que calcinan a conviencia social.

O caso do expresidente da Deputación de Ourense, sr. Baltar, entre outros moitos, poderíanos servir de exemplo do que non se debería facer cando imos votar: Facelo sen estar informados, e sin ter presente o que significa poñer a confianza para gobernar os intereses sociais en persoas que carecen da suficiente dignidade para ocupar cargos públicos.

Máis que o programa dos partidos o que importa é iso. Ademais, non sobraría tampouco que primeiro nos fixeramos unhas preguntas e buscaramos a resposta axeitada.

Será que nas eleccións non buscamos sempre elexir aos mellores para servir os intereses de todos, senón os de algúns en particular? Será, tamén, que a corrupción comeza xa na conformación das candidaturas e antes de chegar ás mesas electorais? Baltar foi elexido polos votos dos ouresáns durante preto de trinta anos, cando as súas mañas xa eran ben coñecidas desde había tempo.

Baltar debeu estar servindo ben a algúns para que cada catro anos voltara a acadar a maioría de votos para poder repetir.

Non hai corrupción peor que a dos políticos que deberan resultar elexidos como “os mellores” para servir a todos. Pero non está sendo así. Agora, a xustiza debe actuar coa contundencia exemplarizante que a situación require.

Porque os cidadáns parecen estar cansos e incapaces de reaccionar. A situación xeral non está favorecendo as esperanzas.

A nosa Constitución, que nos serviu para facer o tránsito da dictadura á democracia, parece agora carecer de recursos para alentar as ilusións das novas xeracións. Entre todos.

 

A ONDE IMOS POR ESTE CAMIÑO?

Te puede interesar