Móbil

O pasado día 29 aprobouse a nova Lei de Telecomunicacións co consenso de PP-PSOE-CIU. Entre as múltiples medidas que se adoptan destaca polo ilustrativo aquela que permite ás operadoras a expropiación forzosa de bens en comunidades de propietarios. Isto quere dicir que lle poden colocar a vostede unha antena de telefonía na súa azotea gústelle ou non lle guste. Seguramente neste momento queden de pedra pero a realidade é esta. Aquelas organizacións que se proclaman en moitos casos máximas defensores da propiedade privada no noso Estado acábanlle de roubar un teito e un dereito en beneficio daquelas grandes empresas ás que realmente representan. Non teño espazo aquí para debater os riscos reais ou non para a saúde desas instalacións, son moitos os estudos que tratan de confrontar de xeito serio a cuestión. Tampouco importa moito, quitáronnos a posibilidade de decidir mesmo naqueles lugares que criamos nosos.

 

Móbil

Te puede interesar