A quen eleximos...?

Cada día que pasa todo parece mais descorcertante. A sociedade non estaba habituada a tanta inseguridade na política nin na capacidade dos políticos para gobernar. E polo que toca a economía, na carencia dos medios necesarios para prover o pan de cada día, que non alcanza para millóns de persoas, moitas delas próximas, e que nunca habían pensado ter que chegar a pasar necesidade ou padecer angustias económicas ao quedar sen posto de traballo. Pero a burla máis grave está aquí e agora na frivolidade e no descarados e sen vergoña que son estes políticos que, desde hai algúns anos, nos están gobernando ou esperando o turno para facelo. E seguen aí, “impasible el ademán”, ante o sufrimento humano dos que viven na miseria. Tanto é así que nos partidos políticos quedan poucos entre os que poder elexir. A corrupción aféctalles a feito á maioría, como en Fuenteovejuna. Eles, tapando con palabras todo o mal que fixeron e o ben que deixaron sen facer, agardan que os votantes  se esquezan. Para eles parece un xogo, pero non o é. Obras son amores. Realidades, e política seria e honesta. Contaban hai anos que un pobre fora petar ás portas de un mosteiro para pedir esmola e o monxe que o atendeu díxolle: “bo home, pódolle dar cincuenta días de indulxencia para o perdón de todos os seus pecados”. Pero o pobre suplicoulle: “non me podería dar a metade en cartos, señor”.
Dous exemplos están actualmente chamando a berros a nosa atención. Un por singularísimo e outro por vergoñento e lamentablemente frecuente. O premeiro encarna o modelo ideal de político capaz e honesto, e o outro a aberración na que ninguén debería caer, e menos aínda os políticos. Nelson Mandela e Luis Bárcenas. O expresidente  de Sudáfrica rematando os días da súa vida exemplar, e Bárcenas no cárcere só, como chivo espiatorio ata agora, cumprindo parte da pena que lle correpondería á cúpula do PP, con Rajoy á cabeza. A sociedade non pode funcionar sen cargos políticos. Pensemos na nosa responsabilidade persoal e social ¿que deberiamos facer moito antes de ir a votar? É unha pregunta sempre necesaria.

 

A quen eleximos...?

Te puede interesar