Un intelectual candidato

|

Na tarde do acto cívico en honor ó desaparecido amigo Luis Mera, falabamos con Juan Couceiro da sorpresa que nos producira que o intelectual Luis García Montero aceptase ser candidato á  presidencia da Comunidade de Madrid por IU. Faciamos un rápido percorrido polos presidentes e presidentas de comunidades autónomas, así como do propio Goberno, e, agás escasísimas excepcións, só puidemos achar grises personaxes. Pensemos en que ata Alfonso Guerra, vicepresidente, ía de intelectual... Só nos viu á cabeza o nome dun intelectual auténtico: don Manuel Azaña. O domingo, na súa columna de ABC, Jon Juaristi manifestaba que estaba “seguro de que sus razones para haber aceptado hacerlo son desinteresadas, generosas y fundadas en sólidas convicciones éticas”, referíndose tanto a García Montero como a Ángel Gabilondo,  “profesores muy prestigiosos en sus respectivas especialidades y excelentes escritores”. O amigo Luis é un dos poucos que circulan por España, e saberá articular debidamente intelecto e política. Sorte a dos madrileños.

 

Un intelectual candidato