Incrible

Adóitase definir a Fe como o acto de crer no que non se ve, mais gustaríame saber como se pode definir o acto de non crer no que se ve. Isto ven a conto coa cegueira voluntaria daqueles que non acaban de acreditar na morea de casos de corrupción que afectan a os do Partido Popular e seguen a lles dar o seu voto para que sigan gobernando e metendo a man nas respectivas caixas. Claro que tamén podería ser que todas as denuncias sexan falsas, que os xuíces estean errados e que todos os acusados sexan inocentes o que significaría que o seu Xefe e candidato a Presidente do novo goberno, sería un santo varón inxustamente culpado. Mais esta suposición resulta tanto máis incrible cantos máis casos saen á luz. E, xa que logo, non hai máis que dúas posibilidades: Ou o Presidente do partido e coñecedor e consentidor, ou é o político máis incapaz e irresponsable de todo o Estado español, que xa é dicir. E como eu non son quen para xulgar, mellor quedarei coa dúbida. Pois iso.

Incrible

Te puede interesar