on vou de negativo, pero confeso que xa estou algo máis que farto de que moitos dos grandes anuncios que poden artellar mellores tempos, sexa nesta comarca o en calquiera outra deste país, se produzan nas últimas horas dunha campaña electoral e a dous días da consulta. Xa sei que cadaquén fai patria do seu, e por iso mesmo deberiamos todos nós votar “fojetes” agora que o propietario estatal de Navantia anuncia a primeira das inversións para a modernización da factoría ferrolá. Para o que si son negativo é que o Goberno de turno, aínda que sea en funcións, dea pulo á pedra do muíño só cando fai falta. Supoño que podemos dicir que mellor é esto que nada, pero afoga un chisquiño ter que esperar ás urnas para contar con algo máis que con verbas. E non quero facer memoria nin preocuparme de ver o que fixeron o 28 de abril, pero seguro que algo grande e bonito foi.