Tristes contos

Onte mesmo puidemos ler no noso Diario que á Xunta lle parecera unha “broma de mal gusto” ter recibido a reclamación -por parte do Ministerio de Transportes e pola da empresa concesionaria- do pago das bonificacións das peaxes de Rande e A Barcala, esquecendo que por un acordo entre os gobernos central e autonómico, de 2018, o segundo deixaba de cofinanciar esas bonificacións. No seu comunicado, lembraba tamén a Xunta o ditame do Consello do Estado no que se pon de manifesto que a bonificación desas peaxes supón un “enriquecimiento injusto” para Audasa.

Visto así, parece, desde logo, chiste carente de graza, mais, se cadra, conviña facer algún que outro recordatorio.

Como non son da xente que volve a casa polo nadal -da que fala o coñecido anuncio de turróns- adoito pasar algúns deses días paseando por aí fóra, cousa que non fixen este ano, pois quedei na casiña coa mesma persoa coa que comparto o resto dos días. Hai tres anos, volvendo de Portugal, cadroume pasar pola ponte de Rande cando inauguraban -sen acabar as obras, por certo- a ampliación. E alí estaba, con Rajoy á cabeza, a plana maior do PP. Don Alberto incluído. Todos contentos, como celebrando a “simpática” broma da descomunal suba de tarifas ata 2037. Por se non abondara a ampliación da concesión, ata 2048, que xa fixera o Goberno de Aznar.

Tristes contos

Te puede interesar