Como teño moi dito non son para nada asiduo nin da televisión nin da radio galegas. Non sei se meu irmá Santi o será, pero o caso é que, pola media noite do mércores para xoves, me mandou unha mensaxe para que conectase a TV2. Estaba comezando un programa sobre a Compostela estudantil de finais dos sesenta, cando ambos os irmás, chegamos a estudar alí. Vin o programa e gustei. A quen non o vise direille que, curiosamente, hai un apartado dedicado aos ferroláns. Sobre o tema este, visto desde os meus recordos, hai moito de verdade no que din tanto Vicente Araguas como Fermín Bouza. Os ferroláns eramos dados a relacionarnos entre nós. Así, os moradores da Pensión Iglesias -que, a maiores, recibiamos a manutención da completa no Bar Ferrol, xusto enfronte, eramos maioritariamente ferroláns. A verdade é que a proporción de universitarios de Ferrol era biaxa e, consecuentemente, case nos coñeciamos todos. E todas. Mais non eramos para nada túzaros. Fixemos amigos e amigas de todas as contornas. Como tiña que ser.